Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/10/15

Castelos de Fame

Visto en ProLingua:
Nova curta de Adrián González, un rapaz moi novo e con todo o futuro. Preséntanos Castelos de Fame, unha curtametraxe ambientada nos anos cincuenta, nos tempos do contrabando no río Miño. Un Garda Civil recén chegado de Madrid quere impor a lei 'ao pé da letra', incluíndo o de 'hablar bien', pero o desenlace dun enfrontamento cun dos contrabandistas da zona faille coñecer a verdadeira realidade.

1 comentario:

paideleo dixo...

Gustoume o final.
Xa me cheiraba raro ese bacallau da cea...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.