Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/15

Un océano de amor

Teño que lle dar as grazas a Carlos Negro por falarme deste cómic, un cómic mudo que é absolutamente marabilloso.
Un océano de amor é de Wilfrid Lupano e Grégory Panaccione e está publicado por Reservoir Books. Contén un prólogo delicioso de Paco Roca chamado "Océanos de sonoro silencio". Na contracapa podemos ler:
"Un océano de amor es una bellísima novela gráfica muda sobre una historia de amor salado. A raíz de la separación de este viejo y entrañable matrimonio renacerá un amor que ni los mares más enfurecidos podrán hacer naufragar".
"Este libro contiene ideas pescadas en el océano por Wilfrid Lupano, según técnicas respetuosas con el medio ambiente cultural, y enlatadas por Panaccione".
"Ingredientes: océano (agua, sal, detritus), amor (agua de rosas, besos, matrimonio), sardinas, crepes, salsa (aventura, suspense, drama sentimental, gags muy divertidos).
Garantía de que no hay textos, ni delfines, ni onomatopeyas.Consumir preferentemente antes de que el océano ya no nos haga soñar. 
VALORES NUTRITIVOS EN 100 GRAMOS:
VALOR ENERGÉTICO: PLENO
Proteínas (naufragios, tempestades, acción, poesía, viajes)…..........................65g
Glúcidos (paisajes sublimes, melodrama)......................35 g
Lípidos (humor negro, moralismo)………………………0 g"

Con todo isto sería imposible non gozar nesta ou con esta aventura que temos entre as mans: a historia de dúas viaxes paralelas que buscan atoparse; entrementres, unha denuncia ecolóxica dos abusos do home nun mar que nos alimenta e que estamos a esquilmar, amosándonos a sobreexplotación e os residuos que forman verdadieras illas nos océanos. Mergullámonos nun océano de páxinas que fala unha linguaxe universal, a das emocións, axitándonos cos percances que sofren os personaxes e con algunhas situacións paródicas e inverosímiles. Cambios de ritmo e golpes de efecto axudan nunha lectura que devoraremos sen pausa ata finalizala.
Absolutamente imprescindible.
Podedes lela a carón dunha lata de sardiñas. Xa saberedes por que.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.