Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/11/15

25 N. Novamente

Un ano máis, dende o blogue.


Si, dende o ano 2007, tal día coma hoxe, Anxo e mais eu, ou sexa, este blogue, pretende aportar un pequeno gran de area na nosa loita cotiá en forma de vídeo. Botamos a vista atrás e semella que non só as cousas non melloraron senón  que hai unha regresión social evidente e perigosa que mesmo nos mete medo. Pero nós queremos seguir nesta loita, na nosa vida como educadores e na nosa vida virtual, dende este blogue que dedica todos os domingos unha entrada contra a violencia de xénero.

Ano 2007, que lonxe quedas! Este foi o noso primeiro vídeo, que podedes ver aquí, e que está incluído naqueloutro no que lemos un texto de Begoña Muñoz.
Ano 2008. Desta volta o vídeo  aporta información.
Ano 2009. Non desistimos. Non calamos.
Ano 2011. O río que trae vida, futuro, esperanza.
Ano 2012. Miramos sen ver.
Ano 2013. Lembras, Anxo, que estabas enfermo? Pero aquí seguimos.
Ano 2014. A vulnerabilidade proporcionada polas novas tecnoloxías. Carlos Negro comentou que utiliza este vídeo cando vai falar do seu libro Penúltimas tendencias. Todo un orgullo!
Ano 2015. A liberdade vén dada por unha mesma. A loita de sermos quen de rachar as ataduras. O vídeo está cheo de metáforas das que pendura unha mensaxe de optimismo, de futuro.


2 comentarios:

PROXECTA LAGOA DE ANTELA IES LAGOA DE ANTELA dixo...

A autora chamábase Begoña Muñoz, non Muñiz. Corrixe o erro, por favor.

Ronsel dixo...

Corrixido. Grazas por fixarte. Fóiseme e non me dei conta. Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.