Un álbum imprescindible antes de que remate este ano no que a inxustiza e a desigualdade semella correr veloz e apurar os últimos pasos. Akim corre de Claude K. Dubois publicado por Lóguez utiliza poucas palabras e moitas ilustracións para nos falar do drama que se vive cada día non moi lonxe de aquí pero nós non o miramos nin queremos velo: o drama da guerra, daqueles que foxen dela, dos refuxiados, dos nenos e nenas que perden as súas familias... No libro podemos ler como a vida dun neno calquera de súpeto vese truncada para non volver ser a mesma por razóns incomprensibles que nunca chegarán a entenderse. E a partir de aí, a soidade máis tenaz debuxada maxistralmente nunhas ilustracións nas que poderemos ollar toda a desolación que provoca a guerra.
Un álbum, dixen, imprescindible. Duro e necesario porque permite ollar dende outros ollos. Uns ollos que nos miran insistentemente procurando a nosa solidariedade e empatía.
Un álbum, dixen, imprescindible. Duro e necesario porque permite ollar dende outros ollos. Uns ollos que nos miran insistentemente procurando a nosa solidariedade e empatía.
Sen comentarios
Publicar un comentario