Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/12/15

Balea

Cando o vin na páxina web sabía que me ía encantar. Pero... tanto?
Falo desta novidade de Kalandraka que me ten namorada, un libro de Federico Fernández e Germán González chamado Balea. Un libro despregable sen palabras. 
Xa case podo calar.
Só recomendarvos encarecidamente que vaiades por el. Porque como a min, gústanvos este tipo de xoias que non se compran nas xoiarías senón nas librarías. 
Así pois, a que agardades?
Xa sei, xa sei. Hoxe está pechado.... Pois ide ao Culturgal!!! Eu, que non podo, acompáñavos dende aquí.
Unha balea que vén a ser un artefacto cheo de historias para contarmos nós. Seremos os protagonistas de cada un dos lugares deste cetáceo mecánico que está cheo de recunchos onde pararnos a cavilar e contar.
Veña, dade un paseo polo fondo do mar!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.