Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/12/15

Jaybird

Este é un deses libros que compras "pola pinta". E abofé que é unha pasada o que nos presentan os seus autores, Lauri e Jaakko Ahonen en Jaybird, publicado por ECC ediciones. Un cómic gañador do Comic Book Finlandia de 2013 e do Kultahuippu (mellor obra ilustrada do ano) en 2012.
Con poucas palabras xa que a narrativa visual é fantástica, o libro combina temor e amizade e chama a atención sobre todo polas ilustracións, que a min, dende logo, téñenme fascinada. A historia narra a vida dun paxariño que coida da súa nai enferma e tirana nunha casa enorme. O seu único amigo é unha araña. Ventás e portas permanecen pechadas a cal e canto para que non entren os inimigos que poidan acabar con eles. O resto, o misterio. E a vosa imaxinación.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.