Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/12/15

La espera

Mercé Hernández e Eva Sánchez publican en Thule La espera, un álbum diferente no que imos cavilar só con contemplar as ilustracións, esas que falan de diferentes fases sentimentais polas que o ser humano transita, agardando unha chegada, quizais esta espera sexa demasiado longa, e mentres vainos transformando, tal como nos indican as suxestivas ilustracións. Detrás destas sobrevoa un texto intenso, cheo tamén de esperanza.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.