Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/12/15

Liberdade de expresión

Unha das principais formas de controlar o poder consiste en prohibir o acceso á palabra ou limitar a libre expresión do ser humano. Cómpre educar na crítica para poder cuestionar normas que os grandes poderes naturalizan como lóxicas. Non interesa que existan mensaxes alternativas ao pensamento único, de aí que debamos aprender a crear contradiscursos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.