Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/12/15

Otoño

Preciosa edición e precioso o cómic este que publica Impedimenta: Otoño de Jon McNaught. Un cómic diferente que fala de estados de ánimo, do tempo que pasa, do outono que chega co seu amarelear das follas antes de caeren, de pasos que rompen a harmonía do seu silencio, de esquíos que foxen cara a un bosque de luz.
Deste outono que amamos fala este libro, unha pequena xoia con poucas palabras e moitos silencios cheos de debuxos que falan por si sós en cores susurradas tinguidas de violetas, azuis e laranxas.
Dous son os personaxes principais, dous mozos que traballan, escoitan e falan, vivindo unha vida calquera, unha vida na que "non pasa nada" porque é tan só unha vida cotiá. O máis interesante radica precisamente aí, na peripecia mínima dos personaxes e no ton repousado que radica nas viñetas pequenas das páxinas do cómic ofrecento un ton evocador, dando un son ao outono.
o3

o1


o5
o6




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.