Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/12/15

Paisaje de amor


Calquera obra de Jimmy Liao é ben recibida. Unha vez máis, da man da editorial Barbara Fiore, o autor trae unha historida de amor baixo o título Paisaje de amor. Un libro sobre o amor e a morte. Asemade, sobre a soidade. Unha soidade que ás veces fainos tocar un anxo porque o necesitamos, precisamos da súa presenxa no ar, naquilo que tocamos, mesmo para falarmos con el bisbeando. Pero os anxos tamén necesitan voar sós. E a nós quédannos os soños.
Jimmy Liao sabe como falar da morte, queda claro. A vida segue. E a poesía, desta volta en imaxes, acompáñanos.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.