Esta é a información que en forma de metaliteratura nos ofrece María Solar en Teño uns pés perfectos, publicado pola editorial Kalandraka coas ilustracións de Gusti.
Un libro dentro doutro, diciamos, é a primeira orixinalidade coa que nos atopamos; reparar naquilo que temos próximo pero que por demasiado cotián non miramos, pasando desapercibido. Dentro dunha historia topamos información, unha divulgación científica que de xeito ameno nos aprenderá moitas cousas que ignorabamos: os
tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos
camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as
unllas ou as pegadas que deixamos... A editorial, tan escrupulosa sempre, amósanos este "libro dentro doutro" con cores diferentes de papel.
Logo, temos o traballo do ilustrador, quen tamén é quen de reflectir a dualidade que domina o libro completo, amosando unhas ilustracións diferentes cando estamos no plano xeral da historia a cando estamos no plano informativo, optando desta volta por formas máis esquemáticas e científicas.
Pero o humor sobrevoa por riba de todas as páxinas para facer desta lectura unha actividade pracenteira para o lectorado máis novo.
1 comentario:
Un libro marabilloso, un agasallo de Nadal perfecto.
Publicar un comentario