Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/01/16

Camino a Tenango

Camino a Tenango é un álbum ilustrado publicado por Thule de Gimena Romero. Un álbum diferente, porque é un proxecto cultural que quere difundir a arte popular do bordado tenango, que vén a ser unha referencia téxtil indíxena de México. Estes bordados son rituais sociais que pretenden conmemorar eventos importantes da comunidade. Por iso as ilustracións aseméllanse a estes bordados coloristas. 
Ademais, a historia que nos conta non é só a do lugra de Tenango, senón que a protagonista tamén fará unha viaxe interior coa que comprenderá mellor esoutro mundo que está a coñecer, xa que ela tenta recuperar unha tranquilidade perdida; así, o bordado será una metáfora que serve ademais de fío condutor da narración. Unha narración que é, asemade, moito máis longa do que agardamos dun álbum ilustrado e que converte este libro nunha referencia de álbum ilustrado para maiores que poderemos deleitarnos cunha narración intimista en clave ilustrada.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.