Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/01/16

La flor azul

Fermoso álbum de Libros del Zorro Rojo con texto de Antonio Skármeta e ilustracións de Mariona Cabassa: La flor azul é un poema que fala do nacemento dunha planta que garda un segredo, o que serve como pretexto para reflexionar sobre o paso do tempo e a beleza. Esta reflexión faise a través do diálogo que se produce entre unha nena que admira a flor e a propia planta, quen propón o exercicio da escrita como combate contra a desmemoria. Se o texto é fermoso non o son menos as ilustracións, capaces de transmitir emocións poéticas.

“No, pequeña, no hagas nada, que así pasa la vida: brotando; vendrá luego el verano, y el próximo invierno habrá otra flor en mis brazos…”.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.