Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/01/16

Para onde imos cando desaparecemos?

Xerais tráenos este fermoso álbum de Isabel Minhós Martins e Madalena Matoso con longo título que non deixa cabida a dúbidas sobre o seu contido: Para onde imos cando desaparecemos? é un novo título que pode axudarnos a falar con nenos e nenas sobre a ausencia e a morte, sen dramatimos, e mesmo sen certezas. Porque o que queda claro é que non sempre somos sabedores de todas as respostas nin sequera sabemos contestar todas as respostas; aínda así este álbum ofrece analoxías e misterios cotiáns que axudan a tratar a morte dun xeito sutil sen falar explicitamente dela, sabendo que a anguria que pode provocar precisa ser traballada para que non se torne irremediable. As ilustracións percorren asemade un camiño que vai unindo todas as páxinas con diferentes bifurcacións multiplicadas en cores.

 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.