Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/01/16

Vaite xa!

Sorpréndenos Marcos Viso con este libro publicado por Xerais na súa colección "Merliño": Vaite xa (escrito e ilustrado por el mesmo), do que quero destacar, en primeiro lugar, unha dobre páxina que me conquistou: os fermosos ollos de Oso estannos mirando directamente, preguntándonos se a vida ten arranxo, se hai esperanza. E si, haina, tal como leremos na última páxina do álbum. Porque en todo o libro, coa emigración como tema, sentiremos a mágoa, as dúbidas, a dor e a potente tristura que significa marchar e deixar o amor máis grande do mundo lonxe. E con estas palabras acompañadas de ilustracións inesquecibles sentimos esa tristura que durante séculos ten acompañado a milleiros de persoas que sentiron e sufriron o mesmo. A emoción tingue cada páxina que reborda á súa vez poesía en imaxes.
Quereredes a esta familia de Osos.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.