Por fin chegou ás miñas mans e á nosa lingua este clásico do ano 1936 de Munro Leaf e Robert Lawson A historia do touro Ferdinando grazas á editorial Kalandraka. Estamos falando dun
libro -traducido a numerosas linguas do mundo- que se converte rapidamente en
obxecto de culto -considerouse un dos dez clásicos a prol da paz e da
tolerancia pola Internationale Jugend Bibliothek- e mesmo en obxecto de
persecución, por exemplo, ao longo do réxime nazi ou na guerra civil
española. Esta edición que agora nos alegra recupera as ilustracións en branco e negro orixinais, así como a inxenuidade marabillosas que o caracteriza: un touro pacifista que escolle flores en lugar dos diferentes xogos da praza!!!
Xa falaramos del aquí, pero agora témolo na nosa lingua, algo que nunca agradeceremos suficiente a quen o fixo posible. E mentres, seguimos gozando con este xato que medra na dozura pacífica do campo.
Sen comentarios
Publicar un comentario