Esta secuoia xigante, unha das árbores máis grandes do mundo, presenta as seguintes dimensións: 75.3 m de altura, 8,2 metros de ancho, un volume de 1,274.3 metros cúbicos e
unha idade duns 3.200 anos. Nunca fora fotografada completamente.
Agora, tras 32 días de traballo e 126 fotografías individuais, Michael "Nick" Nichols presenta este traballo para National Geographic: unha árbore que representa 110 xeracións de vidas humanas.
Cumprirían 46 persoas de estatura media unha sobre outra para chegar ata o cume desta árbore, denominada The President. E o mellor é que segue a medrar.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario