Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/02/16

La tienda de los suicidas

Jean Teulé é o artífice deste xenial libro de humor negro que publica Bruguera, La tienda de los suicidas. Non é que sexa o libro da túa vida, pero é un libro que les dende o comezo ata o final cun sorriso nos beizos. E iso non é tan doado de conseguir. Ademais, é un libro curto que se le deseguida, polo que é ideal cando se precisan ánimos. A verdade, sorprende en primeiro lugar pola súa temática: unha familia mooooi seria que rexenta unha tenda que ofrece todo tipo de artigos para o suicidio. E todo nesa casa xira arredor da traxedia, ata que nace un neno optimista que fará cambialo todo. Cun final que non agardabamos, desde logo. O libro, tamén hai que dicilo, faise un pelín repetitivo pero aínda así ese humor negro destaca por riba de todos os defectos, e mesmo sorprende a delicadeza e ata a tenrura coa que é tratada a morte en todas as súas vertentes.
Acabo de topar unha obra de teatro:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.