Petra Hartlieb conta en Mi maravillosa librería publicado por Periférica aquilo que eu sempre quixen e non conseguín: ter unha libraría. Unha historia divertida, auténtica, chea de momontos inesquecibles, de recomendacións, de agobios. Coa lectura imos constatando as dificultades e as alegrías que supón abrir unha libraría, como vai medrando o equipo humano e a propia libraría, como o traballo fai esquencer ás veces a propia familia, as actividades que hai que atender, os clientes que hai que deixar satisfeitos... A autora conta as cousas boas pero tamén as malas, como as dificultades de cada día, as esixencia dun mercado coas súas inxustizas e mesmo da competencia que supón un xigante en Internet como Amazon. A libraría que temos neste libro é unha experiencia humana que nos encandila e a min, particulamente, dáme moita envexa. Sentinme moi preto desas veces en que recomendan libros con entusiasmo e fixen un paralelismo co que facemos nós nas aulas.
Eu tamén quero ter unha libraría!
Eu tamén quero ter unha libraría!
Sen comentarios
Publicar un comentario