Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/03/16

Azul


Azul. ¿Otra hormiga negra? é a primeira entrega dunha serie de oito álbums ilustrados de Rafael R. Valcárcel e Eugenia Nobati (publicados por Palabras aladas) que incide no valor do pensamento e da diferenza, na liberdade de actuación de cada ser. Porque temos unha formiga diferente que quere saír da escuridade e descubrir o mundo que a rodea; pensa, e por iso tórnase perigosa. Así que as súas armas serán a constancia e o enxeño para procurar aquilo que persegue. Un álbum que fai crítica social, que reforza a imaxinación e que lembra a importancia a autoestima e a perseverancia. Si, estamos ante unha formiga que sabe sobrepoñerse ás situacións adversas porque entende que o seu pensamento é único e ademais, sae fortalecida deste tipo de situacións.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.