Estamos ante un álbum que publicou a editorial Galaxia hai xa oito anos, con texto de Encarna Otero e ilustracións de Elisa Gallego Picard, un álbum que baixo o nome d' O branco país sen neve atrapa coa maxia da historia, da amizade, e asemade a da imaxe que nos ofrece a ilustración canda o texto. Porque o libro transmite ante todo esperanza no medio dun mundo hostil e frío procurando a luz ao final do túnel que se traduece en cores onde só hai escuridade. Árbores que dan lugar á esperanza e fartura en formas de pingas vermellas é o que nos topamos neste álbum de cores que brillan e que resplandecen; as emocións son e serán o cerne desta historia que lembra a importancia do coñecemento. Por iso o libro enteiro é unha alegoría, as persoas non poden calar e deben sementar sen se render para recoller os froitos do seu labor e da súa sabedoría.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
03/03/16
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario