Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/03/16

Soñadores

A canción de Albert Pla constitúe o texto deste fermoso álbum ilustrado por Liniers que publica Takatuka: Soñadores fala dunha escola tan especial que nela non hai que estudar, só soñar. Pero soñar moito, moito, non vale con soñar pouco... ou suspenderás! Así, nenos e nenas deixan voar o seu maxín e compartirán con lectores e lectoras as súas fantasías, desexos e temores. O mellor é que eses soños levan aos protagonistas lonxe, moi lonxe. As ilustracións son dun xenio, non hai moito máis que engadir, por tanto; os textos semellan letreiros pegados en páxinas de libros vellos.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.