Mariana Ruiz Johnson é a autora deste álbum publicado por Kalandraka: A viaxe de mamá fala de como a vida transcorre igual aínda que a nai estea ausente. Un pouquichiño machista, o libro conta como a pesar do medo do bebé porque a súa mamá debe partir de viaxe, o papá é quen de facer todo máis ou menos igual, con menos limpeza e máis ruído (?). Pero é oportuno para o lectorado máis novo que comprenda que isto pode suceder en calquera momento, que a ausencia momentánea de calquera dos dous membros dunha parella é solventable e que existe vida a pesar diso.
Son tenras as ilustracións, algunha especialmente, como cando o elefantiño quere coarse na maleta da súa mamá, ou cando se abrazan coas súas longas trompas.
Sen comentarios
Publicar un comentario