Fantástico este libro de Ximo Abadía que publica Impedimenta: Kamasutra para domingos lluviosos é unha mestura contorsionista de sexo e humor, moito humor. Personaxes estirados que semellan poboadores do circo son os encargados de amosarnos cantos xeitos hai de facer conexión nunha parella. En vermello e negro, sempre elegantes, todo tipo de suxestións para pasar un domingo de choiva. Non hai nada máis divertido! Podemos bailar, tocar ou mesmo disparar como xogos de amor, nunha obra completamente minimalista que adoraremos mirar. Nestas imaxes poderedes observan o humor protagonista do libro e de toda relación, porque sen humor, non hai amor que valla!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
09/04/16
Kamasutra para domingos lluviosos
Atoparalo en Álbum ilustrado, Amor, Humor, Impedimenta, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario