Seguindo a vehemente recomendación da miña prezada ex-alumna Ana Colmeiro, lin este libro de Barbara Mutch, La hija de la criada que publica Alianza editorial. E tiña toda a razón Ana coa súa suxentión xa que paga moito a pena deterse na súa lectura. Un libro que nos achega ao réxime do apartheid surafricano na boca dunha criada negra e da súa señora branca. Hai que destacar que a verdadeira protagonista da novela é, desde logo, aquela que lle dá título ao libro, e que conta a súa experiencia en primeira persoa, incluíndo anacos do diario da señora que tanto quere, Cathleen, facéndoo en cursiva para que non haxa dúbida ningunha. O libro, ademais de falar de amor, de educación, de respecto e de boas e malas persoas, centrándose nas figuras femininas, sobre todo, que adquiren unha dimensión moi relevante sobre as masculinas -aínda que estas sexan ás veces mesmo desencadeantes das situacións límite máis importantes da novela- reflicte as duras condición de vida da poboación negra do país africano e mesmo as diferenzas de cor xa que ser mestizo era un pecado máis grave e insolente que ser negro. Que xa é dicir!.
O apartheid trouxo consigo unhas desigualdades tan tremendas e unha situación tan escabrosa que aínda agora debemos sorprendernos coa maldade do ser humano (branco). A nosa protagonista deberá aprender a loitar e a sobrevivir.
Ás veces o ritmo da novela é un pouco brusco e cambia sen interseccións, mesmo o final semella un pouco abrupto, pero coido que paga a pena a súa lectura. Unha análise máis dos conflitos múltiples que o ser humano provoca cando deixa de ser humano. É dicir, a cotío.

Sen comentarios
Publicar un comentario