Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/04/16

Mundinovi

Precioso este poemario de Juan Carlos Martín Ramos coas marabillosas e expresivas ilustracións de Federico Delicado que publica Kalandraka: Mundinovi non é nada máis nin nada menos que unha homenaxe poética ao mundo dos títeres e mereceu o VIII Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Nenos. Non é de estrañar. Pola súas páxinas pasearemos por un teatro dividido en tres partes. O título é o nome dun retablo que no século XVI servía para representar escenas do Novo Mundo. Ademais, o autor recolle títeres tradicionais para dotalos de expresión poética e agasállanos con pequenas obras en verso para que o lectorado xogue e realice os seus propios monecos.
Imposible non sentar diante do libro cal fose guiñol para seguir a representación. Texto e ilustración combínanse á perfección para ofrecernos unha luxosa representación titiriteira que en Lalín ten tanta tradición, por outra banda. 

El titiritero tiene
dos manos, pero mil voces,
una vida, pero mil
cuentos que sólo él conoce.
El titiritero tiene
la llave de la maleta,
la ventana del teatro,
la luna de primavera.
El titiritero tiene
la brújula de los vientos,
el mapa de los caminos,
botas de siete agujeros.
El titiritero tiene
un teatrillo ambulante,
lleva el horizonte a cuestas,
el mundo como equipaje.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.