Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/04/16

Somos amigos?

Anabel Fernández Rey é a autora de Somos amigos?, álbum publicado por Kalandraka, que fala da amizade, do compomiso da lealdade, de dar sen agardar nada a cambio. Porque a amizade é cousa de dous, e estes poden ser ben diferentes e a priori non esperariamos que existise tal relación, conseguida ademais polas lenes ilustracións que acompañan un texto sinxelo para primeiros lectores. E que é a amizade? Entrega e solidariedade, xenerosidade e cariño, axuda e confianza. Estas son as bases sobre as que está construído un álbum dividido en dúas partes que quere deixar así claro como falamos dun sentimento recíproco que ten moito que dar e asemade que recibir.
Recoñezo que xa lle tiña especial cariño porque coñezo o libro con anterioridade, e xa destacara daquela pola poesía que xorde das súas páxinas. De feito, obtivo unha mención especial no VIII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado, comigo formando parte do xurado, algo que agradezo ao equipo Kalandraka.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.