Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/04/16

Una cocina a prueba de ratones

Estupenda esta novela publicada por Salamandra de Saira Shah: Una cocina a prueba de ratones  podería ser lacrimóxena pero non o é, e iso é un dos grandes méritos da novela, unha novela que engancha dende a primeira páxina ata a última. Fala de amor, de forza, de optimismo. Fala de familia e de amizade. Fala de natureza e de como levarse con ela. Fala de animais e a convivencia con eles. Fala, sobre todo, de sentimentos. E de adversidades. Da necesidade de aprender a convivir con elas. De que loitar o día a día non é doado, pero preciso. E fala de maternidade e paternidade. Asemade, de destrución. E é que a base deste libro é un gran drama -unha filla discapacitada- pero o enfoque que se lle dá conta con tal sinceridade que non fere ningún tipo de sensibilidades, ao contrario, sabemos que adaptarse a semellante situación é tan complicado que todos os avatares que sofren son sumas que se van engadindo aos poucos ata un final que debería rematar en estrelas. E estas serán froito do amor e da paciencia.
Buf!



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.