Este foi un dos agasallos que eliximos para celebrar o Día das Letras Galegas co outro centro de Lalín. Claro está, compramos dous, un para a súa biblioteca e outro para a nosa. Falamos do libro-disco de Gelria, Cantos de poeta, unha antoloxía musicada da poesía galega. O que nos propón este grupo é unha viaxe musical poética con 14 poetas: urros Enríquez, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Ramón Cabanillas,
Aquilino Iglesia Alvariño, Luís Pimentel, Rosalía de Castro, Celso
Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Álvaro Cunqueiro, Bernardino
Graña, Manuel María, Luz Pozo Garza e Chus Pato. Ademais, inclúe este percorrido unha guía con textos de Manuel Rivas onde non falta un monllo de fotografías. Unha edición coidada cunha proposta musical innovadora e diferente que mestura músicas e que cómpre escoitar con atención. Música para termos na casa, aprender versos, sabermos máis do de noso.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
22/05/16
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario