Unha das compras que fixen no Sant Jordi foi este cómic de Nathalie Bellón que publica Libros de la Herida, Exploradoras é un álbum de poesía gráfica a partir de textos de: Sara Castelar, Carmen Camacho, Isabel Escudero, Laura Casielles, Miriam
Reyes, Francisca Aguirre, Laura Giordani, Mª Ángeles Pérez López, Alba
González Sanz, Martha Asunción Alonso, Elena Berrocal e Amalia Bautista. A artista fai un traballo de conversión de poemas conseguindo novas historias que fan fincapé na vida cotiá das mulleres protagonistas de todas as historias. Pareceume moi interesante esta proposta gráfica que é capaz de combinar poesía e cómic nun mundo visual e escrito ao que paga a pena achegarse devagariño.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
13/05/16
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario