Acollo con moitísima ledicia esta nova colección tan importante para a nosa lingua que vén de iniciar a editorial Xerais "Básicos Ciencia", unha colección de divulgación científica que tanto nos cumpría. O primeiro libro que todas as bibliotecas escolares e públicas deberían adquirir é Historia do ADN. 40 anos de revolución biotecnolóxica de Daniel Soutullo. Vale, vale, confésoo, non o lin, porque teño quen o lea na casa!, por iso non vou falar del, só celebrar esta iniciativa que confiamos persiga unha voluminosa colección. Beizóns á editorial Xerais por axudar tanto na normalización da nosa lingua!
Este libro trata sobre os principais acontecementos na historia do ADN,
desde o seu descubrimento, no século XIX, até as investigacións máis
recentes, nos albores do XXI. Tamén aborda a revolución biotecnolóxica
desencadeada polo coñecemento da súa estrutura e pola capacidade de
manipulalo case a vontade a partir dos anos setenta do século XX. Estes
acontecementos, de grande importancia científica e social, están
influíndo, e influirán moito máis no futuro, na vida e na saúde das
persoas. O libro, escrito nun estilo claro e ameno, diríxese a un
público amplo, sen necesidade de coñecementos previos de xenética, mais
con curiosidade por achegarse a ela con rigor, fuxindo de
simplificacións que poidan empobrecer a comprensión do seu significado.
Sen comentarios
Publicar un comentario