Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/06/16

El mejor libro para aprender a dibujar una vaca

Aínda me devolveu o sorriso perdido este pequeno álbum que publica Barbara Fiore con texto de Hélène Rice e ilustracións de Ronan Badel que leva por título El mejor libro para aprender a dibujar una vaca. Cando o vin na libraría xa o merquei sen abrilo, tan só polo seu formato "italiano" e o título tan ben acompañado pola ilustración inicial. Non sabía o que me ía deparar a lectura, e non maxinaba que ía gustarme tanto. Claro, eu non procuraba un manual de instrucións para debuxar, xa sabedes que iso precisamente non é o meu. Ben é certo que non tiña nin idea de a que me ía enfrontar. E agora non sei se saberei debuxala, pero seguir as instrucións iniciais (logo pode complicarse) é ben doado: debuxar un rectángulo, engadir patas de vaca, cola, e cabeza... Hai que facelo ben, porque podemos debuxar calquera animal. Xa o comprobaredes.
E non vou seguir...
Ah! Lembrade que a goma de borrar é imprescindible para calquera debuxante. Neste caso, ata pode ser a solución a conflitos que se poidan xerar pola nosa pouca pericia.
Xa podedes poñervos a debuxar... ou  a rir, iso é cousa vosa!
 
 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.