O pasado xoves 16 visitounos no Clube de Lectura da Biblioteca Municipal "Castelao" de Silleda, Mercedes Queixas, autora da biografía de Manuel María Labrego con algo de poeta publicado pola editorial Galaxia.
Esta exitosa publicación foi editada hai uns meses por Galaxia co
gallo das Letras Galegas dedicadas en 2016 ao poeta da Terra Chá e nela,
@s lectores deste clube, atopamos un estupendo exercicio didáctico non
só pensado en divulgar a figura, o pensamento e sentimentos do poeta
chairego, se non que tamén unha atractiva provocación para indagar na
súa lírica, a cal reflicte a historia e o presente da nosa Galiza
contemporánea.
Os versos sinceramente limpos, as coherentes vivencias e a paixón
pola Patria, axúntanse neste percorrido para nos descubrir a alguén que
tomou a función de poeta como un oficio da realidade social do País ou
un radiografo etnográfico do lar, da casa, do pobo, da vida do noso e d@s nos@s con vocación atemporal e permanente.
Coincidimos con Mercedes Queixas en que o o obxectivo de tentar
popularizar o autor máis prolífico literatura galega e a súa obra
comprometida e veraz foran acadados. E, sobre todo, agradecémoslle que
conceptualizase deste xeito a súa obra para interpretar a súa vida,
porque isto lle deu un resultado brillante e esclarecedor.
Sen comentarios
Publicar un comentario