Agora que me preparo para ir a Vigo a despedirme de Agustín, pensei en repasar o seu paso por este blogue. Tantas veces a súa presenza é efectiva nestes Ronseis que semella que non podo determe en todas. Se vos apetece pasear ou curiosear, non tedes máis que procuralo no buscador:
Quedo, sobre todo, con algúns recordos del ligado ao meu traballo.
Aquel día en que o meu club de lectura ficou completamente emocionado pola conversa virtual que nunha aula do IES do Carballiño mantivemos con el:
Aquel día en que o meu club de lectura ficou completamente emocionado pola conversa virtual que nunha aula do IES do Carballiño mantivemos con el:
Que bo sabor de boca me ofrece o feito de terlle feito unha homenaxe en forma de nome de aula no IES Pintor Colmeiro, un centro no que traballei bastantes anos e que deixei hai tan só dous:
Procurei asemade o seu haiku para o noso Libro do Mal Amor:
E unha lembranza das súas manías:
Agustín Fernández Paz:
Sempre escribe a man, en cadernos de follas amarelas da marca Uniextra e
con rotuladores negros de 0,5 mm. Ademais, pon un título provisorio
cando comeza unha novela, aínda que o título "de verdade" poñerao cando
esta está rematada.
Teño outros momentos con el que son meus e que prefiro gardar para min, coma o o seu doce sorriso tan perfecto!
Ata sempre, meu amigo.
Sen comentarios
Publicar un comentario