Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/16

Carta al mundo y otros poemas

Libros del Zorro Rojo publica nunha edición fabulosa estes Carta al mundo y otros poemas de Emily Dickinson con ilustracións de Isabelle Arsenault. O libro ofrece sobre todo visións de morte e desesperanza, aínda que tamén hai amor, paixon, esperanza, creatividade. E é que a poesía foi para ela unha táboa de salvamento e ao mesmo tempo un xeito de fuxir da vida.
Hai que facer mención sobre todo das ilustracións, tan acaídas aos versos, constatando o poder de ambas cando se unen, poesía visual e poesía da escritora nunha conxunción magnífica.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.