Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/07/16

El dragón rojo

En Libros del Zorro Rojo poderemos atopar este álbum de Max Velthuijs El dragón rojo, un clásico máis a ter en conta nas nosas bibliotecas. Esta é a historia dun dragón, un dragón bo que non entende aos humanos, que son ben estraños, ben é certo. A estrutura é moi de conto tradicional ("érase unha vez") e gústanme sobre todo as chiscadelas que atopamos, máis, por suposto, ao do final. As ilustracións súmanse ao texto para contar un conto case necesario, xa que falar de prexuízos sempre innecesarios, pero tamén de paz, de xustiza, de respecto, de convivencia.
Máis que claro.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.