Gustoume sen excesos esta novela de Jean-Paul Didierlaurent que publica Seix Barral, El lector del tren de las 6.27, unha homenaxe á palabra literaria, aos libros, á literatura. Claro, con este tema, tiña que me gustar! O máis curioso é que o autor realiza esta homenaxe a través dun personaxe que non é destacable, que representa o "fracaso" da sociedade, un rapaz anódino que odia o seu traballo. Pero este rapaz ama a palabra escrita. E a través deste amor desenvolverase a novela e canto sucede nela. Coido que o malo é o final, quizais non podería haber outro, pero é demasiado previsible e demasiado "bonito" ou inxenuo; iso si, o libro lese dun tirón porque engancha, pero recoñezo que esperaba algo máis desta homenaxe literaria. Por tanto, non estamos ante unha obra mestra, mesmo hai personaxes que pululan polo libro sen sabermos moi ben por que e que deberían terse desenvolvido máis, pero é un conto de fadas -tal cal- que vos recomendo.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
28/07/16
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario