Debido á miña última incapacidade lectora, acudo a axudantas para que me boten unha man. Grazas a Cristina Costela, de 4º de ESO, pola súa lectura deste libro de Anxo Fariña publicado por Xerais: Horizonte de sucesos.
Impactante.
Así é como definiría este libro. Grazas a el podemos coñecer a vida dos nenos
dentro do centro de acollida e o por qué de estar alí e non coas súas familias.
Historias duras e tristes, nenos que ven como os pais maltratan as súas
nais ou mesmo a eles, nenos que teñen que mendigar, nenos metidos no mundo das
drogas e da miseria, nenos orfos... que non teñen máis remedio que ir a un
centro de acollida, pensando que alí terán unha vida mellor cando non é así.
Os nenos definen o centro de
acollida coma un burato negro, xa que unha vez que están alí non poden saír, xa
que non coñecen outra vida nin outro munda ca o de estar alí metidos, onde lle
dan cama, comida... e unha vez que saen non son quen de atopar o seu sitio no
mundo.
No centro de acollida os
rapaces tentan buscar “flotadores salvavidas” e non caer nese burato negro, ao
que tanto lle temen.
Neste libro atópamonos con
rasgos biográficos e creo que o autor tenta facer unha denuncia a través dos
pacientes de dor crónica, coma neste caso o é o bolseiro que padece migrañas,
xa que nun momento, o protagonista pregúntalle ó seu médico se lle
daría a un fillo os medicamentos que lle receita a el.
Anxo Fariña cóntanos como un rapaz
de dezaoito anos que estaba a piques de comezar o primeiro curso na facultade
de Belas Artes entra como bolseiro educador na Escola Fogar do centro de
acollida de menores Cidade Infantil Afonso X. Nesa aventura coñece a moitos
rapaces e entabla amizade, con algúns máis ca outros, e preocúpase por eles, sempre
tentando axudar e dándolles moito cariño, que é o que máis necesitan.
Sen comentarios
Publicar un comentario