Que fermosísimo álbum este de Stéphane Servant e Emmanuelle Houdart que publica Libros del Zorro Rojo! Madre. Entre el sol y la noche é un cántico de amor dun fillo á súa nai, unha oda chega de tenrura e de vinculacións sempre presentes, pase o tempo que pase, ou simplemente, pase o que pase. Ao mesmo tempo que se destaca esta relación, a través das ilustracións pasearemos por un xardín misteriosamente poético, onde a metáfora colorista destaca por riba de todo e onde o símbolo do amor maternal acompaña o texto de vén a resumir a calidez do amor dunha nai, e que este amor perdura no tempo para non desaparecer nunca.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
08/07/16
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario