Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/07/16

Mil orejas

En Libros del Zorro Rojo poderemos atopar este pequeno álbum tan necesario de Pilar Gutiérrez Llano e Samuel Castaño Mesa, Mil orejas. Un libro que fala da necesidade de comunicación, de como escoitar a aquelas persoas con discapacidade auditiva. Así, no libro atopamos tren linguaxes, o de signos xa na dedicatoria, o escrito e o visual. E fai fincapé que as persoas xordas teñen outras capacidades sensoriais que moitas veces nós nin temos nin notamos, atentos como estamos aos ruídos do mundo que nos entran polas orellas, desperdiciando a ocasión de entender doutros modos. As magníficas ilustracións resaltan o diálogo que se establece entre o son e o silencio. E para colmo o libro ofrece unha tarxeitña con alfabeto de signos.
He querido explicar que
tengo mil orejas diminutas regadas por todo el cuerpo
que una mano rozándome la espalda
grita que me quiere […]


Deses libros que deben existir, e que debemos ter en conta.


Mil orejas en lengua de señas from Tragaluzeditores on Vimeo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.