Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/07/16

Pinocho antes de Pinocho

Nunha soa palabra: delicioso.  Femosísimo este álbum case sen palabras de Alessandro Sanna que publica Libros del Zorro Rojo: Pinocho antes de Pinocho é unha obra de arte que non sei definir, xa que non sei se é un cómic ou un álbum pero si sei que é unha pasada de orixinal. Unha animación dun pauciño de madeira que vai vivir diferentes aventuras, nunha figuración do que tamén ocorre no libro de Pinocho, que non viña a ser outra cousa que unha fábula sobre a perda da inocencia. 
E toda a "novela" transcorre sen palabras, mais non deixaremos nós de pasmarnos ante unhas ilustracións a acuarela que son realmente fermosas e poéticas, xogando con cores que se esvaen ou que estoupan para falar do Universo. A partir dunha póla que segue tamén o seu propio camiño e que errará ou non porque ten que ser quen decida os seus pasos. O destino facémolo nós.
Non deixedes de achegarvos a el!







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.