Como en case todos os libros de relatos, hai algúns que están moi ben e outros que non o están tanto, uns que encantan e outros que pasan sen pena nin gloria. Pero hai que recoñecer que Tempos de bebidas isotónicas e fast-food de Álex Alonso publicado por Xerais comeza cun primeiro relato tan actual e divertido que xa gañou ao lectorado pola man. Logo, dos outros 29, xa digo, hai algúns que tamén me gustaron moito, aínda que en xeral non hai ningún que se poida afirmar que sexa malo. Os relatos son todos moi actuais, ás veces mesmo proveñen dunha realidade tan cotiá como a de servirse de novas extraídas dos xornais; case todos pintan cadros ou relatan pinceladas deste realidade social na que vivimos e que tantas veces procuramos non ver porque nos arrepía. Así, leremos un relato do perigo de coñecer a alguén por internet que resulta non ser quen se cría, temos un relato de bullying, outro de preferentes... poderiamos enumerar ben casos sociais presentes ao noso arredor. Como o conflito lingüístico ou o paro. E por riba deles voa a literatura que se serve da retranca, do humor, da parodia ou mesmo da caricatura para nos ofrecer un libro de pequenos relatos que devoraredes en ben pouco tempo.
Premio Ánxel
Fole narrativa curta.
1 comentario:
Non o lin.
O que si lin e recomendo é Galería de saldos de Diego Giráldez.
Mui, mui bo.
Publicar un comentario