Sorprendente é a palabra que define este Cuaderno de vacaciones de Carlos Grassa Toro e Isidro Ferrer que publica Libros del Zorro Rojo, porque o que temos por diante non é o que agardabamos polo título nin moito menos, senón que é un exercicio artístico que converte en vacacións o momento que queiramos dispor para realizar algunha das actividades que nos indican en cada páxina. Porque estas páxinas convidan a crear, a reinventarse, a divertirse, a pasar tempos alegre e enxeñosos. Afastarnos do típico "caderno de vacacións" nos que hai que aburrirse facendo exercicios de repaso durante o verán é o que nos propoñen dun xeito ben disimulado os autores, porque o lecer é diversión, e esta obra é precisamente isto, imaxinar os retos propostos cunha gargallada.
As ilustracións son composicións de obxectos, recortes e fotografías.
Sen comentarios
Publicar un comentario