Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/08/16

La ternura de las piedras

Flipada quedei coa lectura deste cómic, La ternura de las piedras de Marion Fayolle que publica Nórdica. Unha mestura de realidade e simboloxía que parte da enfermidade do pai dun xeito non claro, aínda que maxino que está a falar dun cancro. A partir de aquí, e sempre dun xeito diría eu surrealista, explícase como vai afectando esta a toda a familia e ao propio pai. Sempre dun xeito curiosísimo, como prestar a boca, as mans... a un enfermo porque o estás coidando, aínda que nos debuxos todo isto sexa literal. O máis curioso, aínda, é como a pesar deste tema, o cómic foxe de todo dramatismo, non sei se pola ausencia de artificios ou se é polo debuxo, sinxelo. Aínda así, hai momentos que a min seméllanme  estarrecedores a pesar da súa sofisticafición.
Pero é desde logo unha obra que non deixa indiferente.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.