Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/08/16

Sofía o el origen de todas las historias

Unha vez máis, Rafik Schami non decepciona, desta volta con Sofía o el origen de todas las historias publicado por Salamandra. Un libro que engancha dende principio a fin, e que tamén nos amosa máis da vida de Siria xusto antes da guerra que arestora estase a vivir, unha ditadura onde a espionaxe calaba calquera síntoma de disensión, o terror que perfora a superficie para continuar nun soto de medos escuros. Por iso, a historia de Siria é un personaxe máis da novela
O libro conta dúas historias que se xuntarán ao final, a historia de Karim e a de Salam, con tintes autobiográficos; estas dúas historias conteñen á súa vez moitas outras que semellan contos de por si, como é habitual neste autor. De fondo, o amor, a paixón, os ciumes, a infidelidad, a amizade -que estará por riba do amor-, sementado coa poesía do autor que é quen de transmitir todas estas emocións para sentilas nós tamén. Por iso faise un libro inesquecible impregnado de optimismo que reivindica o amor e a amizade como sentimentos salvadores en calquera momento da vida. E é que si, é que sempre cómpren porque nunca saberemos cando os necesitaremos.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.