Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/08/16

Yegna

A música é un xeito de reivindicadr os dereitos das mulleres. De aí que Zebiba Girma, Selome Taddesse, Lemlem Hailemichael, Melat Kassahun e Rahel Getu, cinco mozas etíopes que se coñecen baixo o nome de Yegna (que significa "nosoutras" en amárico), formasen un grupo de música impulsado pola ONG británica Girl Effect.
Cal é o seu obxectivo? Crear conciencia e reivindicar os dereitos das mulleres etíopes, falando daqueles problemas aos que se enfrontan: matrimonio infantil, mutilación xenital, difícil acceso á educación, violencia de xénero... E farano coa súa música e creando un programa radiofónico de ficción, unha especie de radionovela feminista con estes personaxes: unha moza que vive na rúa, unha estudante, unha moza introvertida, unha moza que debe facer os labores da casa e outra que vive cun pai violento. O éxito deste programa non deixa lugar a dúbidas: ten unha audiencia de cinco millón de persoas.




Visto en En femenino

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.