Como efectivamente, todos e todas desexamos cinco minutos de paz, sentinme moi identificada con esta elefantiña protagonista deste fermoso álbum que vén de publicar Kalandraka: Cinco minutos de paz de Jill Murphy. Un desexo repetido en todas as familias, en todos os pais e en todas as nais, cando as ocupacións non deixan nin un segundo, máis se hai pequenos arredor. Pero tamén coido que podemos traspasalo a esta vida tan atarefada que levamos actualmente, cando inutilmente procuramos eses 5 minutos... pero "a cabeza non para". Porque o descanso sempre é importante, e porque ademais este álbum conta cunhas ilustracións absolutamente deliciosas que fan que o libro nos conquiste dende o primeiro segundo... antes deses 5 minutos que nos vai levar lelo!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
08/09/16
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario