Øyvind Torseter é o artífice deste álbum ilustrado publicao por Barbara Fiore, El mulero, baseado nun conto tradicional noruegués, "un trol sen corazón". O relato é coñecido: o sétimo fillo dun rei deberá ir rescatar os seus irmáns maiores secuestrados por un despiadado troll, quen os converteu en pedra. E é, ademais, unha viaxe iniciática, co que iso supón. Pero o realmente interesante do libro é a presenza de elementos tan afastados dos contos tradicionais que este autor introduce no álbum, como animais que axudan cando se lles precisa, ademais de falar polos cóbados, princesas que están fóra de toda imaxinaría popular e pitiminí requintado ao que estamos acostumadas, e covas e estratexias estrañas que semellan formar parte dun conto humorístico. E a isto súmase que o libro é un cruzamento entre álbum ilustrado e cómic.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
23/09/16
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario