Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/09/16

Orquídea negra

Neil Gaiman e Dave McKean compoñen en Orquídea negra publicado por ECC un cómic diferente, onde unha superheroína morre xa no inicio para recibir logo unha nova oportunidade converténdose nunha entidade vexetal. E o que podería ser algo máis ou menos "normal" dentro dos cómics de superheores e superheroínas vén a afastarse do camiño inicial polo ton que o autor impregna na obra, un ton místico e ao mesmo tempo ecolóxico que destaca polos debuxos que acompañan a este texto tan chamativo, tanto pola composición como pola cor. Asemade, chama a atención porque a páxina componse de tres columnas de viñetas rectangulares verticais que ser poden dividir en fragmentos ou facerse máis grandes e ter máis columnas. Este xogo continuo da disposición gráfica é unha das características da obra, sen dúbida.
Unha obra con moito texto no que atopamos melancolía, realismo, fantasía, poesía.... Aínda que a min, debo recoñecelo, non me encantou.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.