Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/10/16

Aurelio

Divertido álbum para peques de Antonio Rubio e Federico Fernández que publica Kalandraka: Aurelio é un nome que contén as cinco vocais, así que si, imos xogar coas vocais e con palabras que as conteñan todas ou que conteñen unha soa delas. Ocorrésevos algunha? Pois a xogar!!!
Queda claro que é un libro idóneo para a lectura en voz alta e a implicación do público lector, un público que terá que espremer a súa cabeciña para procurar as palabriñas. O texto é rimado e contén palabras con unha, dúas ou tres vogais que facilitan a sonoridade, o xogo, a memoria e mesmo procura unha aprendizaxe do alfabeto.
A carón deste divertido texto xogado e poético, unhas ilustracións que procuran as letras, buscando analoxías e cheas de cor e humor, que tamén queren xogar co lectorado, posto que será este quen teña que observar con  atención para encontrar as letras agochadas.
Publicado en follas duras para facilitar o seu manexo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.